O Partido popular lamenta que o concello do Carballiño abandone "Cinemas de Galicia"
O Partido Popular manifesta que "o goberno municipal do PSOE, por medio dunha couce do seu concelleiro Diego Fernández, dalle un duro golpe ao cine no Carballiño ao abandonar Cinemas de Galicia", un circuíto cinematográfico do que o concello carballiñés participaba dende o ano 2014.
O grupo popular pídelle ao concelleiro de cultura "que si existe forma de resolver a situación creada por el mesmo que o faga de inmediato, de non ser asi e por outras situacións caóticas que se irán coñecendo, farán que nos vexxamos obrigados a pedir a súa demisión nesta concellería e dende logo a que non cobre a dedicación que ten asignada". .
Para ver o comunicado do Partido Popular prema no arquivo adxunto: