O Partido Popular non descarta un posible acordo con Fumega para darlle estabilidade ao goberno municipal, tampouco desbota un acordo con Espazo Común. Escóitao aquí.
O portavoz do grupo popular no concello do Carballiño, Pepe Castro-Gil, dixo nesta emisora de radio que non descarta ningunha das dúas posibles opcións pero sí ten claro que "o concello do Carballiño necesita outro xeito de facélas cousas".
Neste contexto, o Partido Popular admite que ven tendo conversas tanto con Fumega como con Espazo Común para buscar un acordo político no concello do Carballiño, que ben podía pasar por darlle estabilidade ao goberno municipal socialista, pactando unha serie de condicións "para cambiar moitas cousas no concello" ou chegando a un acordo con ESCO que facilite unha moción de censura ao actúal alcalde.
No PODCAST de COPE O Carballiño podes escoitar a intervención íntegra do portavoz do Partido Popular.