O Partido Popular obtén o terceiro mellor resultado electoral da democracia no Carballiño, con 4.465 votos. O PSOE baixa ata os 1996 votos, O BNG obtén 536, VOX 457 e SUMAR 342.
O Partido Popular qudeouse a 33 votos dos colleitados por Mariano Rajoi nas eleccións de 2004, este domingo con Feijóo chegou desta vez aos 4.465 votos, cun incremento de 14 puntos en relación ás eleccións de 2019, ao facerse co 56,26% dos 8.017 votos que se rexistraron nestas eleccións xerais de 2023 no municipio carballliñés. Trátase do terceiro mellor resultado electoral da democracia no Carballiño, aínda que se queda lonxe daqueles 4966 votos populares das xerais de 2011, tamén con Mariano Rajoi como candidato.
O PSOE baixou 5 puntos, e quedouse nos 1996 votos, co 25,15% do total. O BNG tivo 536 votos, case 2 puntos máis que fai 4 anos, VOX 457 votos, baixou 3,49% puntos a respecto de 2019, e SUMAR obtivo 342 votos. A Participación foi alta, o 71,26% do electorado carballiñés acudíu este domingo ás urnas.