O Partido Popular pide "garantía xurídica" para os praceiros actuais e insta ao goberno municipal "a sacar a concurso os postos baleiros"
O grupo municipal do Partido Popular lamenta a incertidume creada sobre a situación actúal dos praceiros da Praza de Abastos do Carballiño, en relación á concesión administrativa dos postos que ocupan no mercado carballiñés.
Os populares piden que se respecten as titularidades dos postos que manteñen a súa actividade "dándolle garantía xurídica aos mesmos", e que "sexa unha prioridade que se poida sacar a consucros os postos baleiros na praza de abostos do Carballiño"
Ademáis, propoñen solucións que pasarían pola aprobación dun regulamento municicipal para a Praza de Abastos que recollería novos títulos aos actuais praceiros, por medio dunha disposición transitoria, antes de proceder á convocatoria do consurso para a adxudicación dos postos que permancen sen actividade comercial.
Para acceder ao comunicado do Partido Popular, prema no arquivo adxunto: