O Partido Popular pide un regulamento do pleno do concello "para mostrarlle á veciñanza que somos capaces de non seguir facendo o ridículo"
Tras susperderse o pleno deste pasado xoves, tras cinco horas de debate, e xa camiño da unha da madrugada, deixando pendientes varios puntos da orde do dia, o grupo popular entende que este episodio debe levar á corporación a aprobar un regulamento de funcionamento das sesións da corporación carballiñesa.
Ademáis, tamén solicitarán os populares que se convoquen os plenos en horario matinal, entre outros motivos, para favorecer a conciliación da vida laboral e familiar tanto para os membros da corporación como para os traballadores municipais.
Para acceder ao comunicado do Partido Popular, preme no arquivo adxunto: