O Partido Popular pide unha xunta de portavoces para "buscar solucións a paralización de urbanización de varias rúas"
O Partido Popular chama a atención sobre "varias rúas do Carballiño, das que incluso algún proxecto xa quedara realizado no anterior mandato do PP no ano 2015, á vez que se fixera o da rúa Ben Cho Sei, como son os da rúa Costa Rica e rúa San Amaro, e que a día de hoxe seguen sen ser adxudicado polo actual goberno, aínda que consta vontade dos veciños en atender voluntariamente á cesión gratuíta dos terreos afectados por ditos viais".
E poñen como exemplos "a Rúa Costa Rica, Rúa San Amaro, da ampliación da rúa no fondo de Flores onde se forma un escollo e estreitamento entre a rúa Aquilino Sánchez e Alexandre Bóveda, ou mesmo a rúa Saleta".
Dende o Partido Popular entenden que "non pode ser que cando aparece o compromiso económico do Concello, estas rúa non se poidan executar, cando ademais existe toda a vontade do mundo por parte dos propietarios en facer cesións gratuítas ao Concello. E non solo non se lles está a recoñecer estas cesións gratuítas senón que o Concello está pondo trabas aos propietarios supoñéndolles un coste e desembolso económico elevado que non terían porque soportar".
Engaden que "a maior parte das rúas mencionadas, constan como viais urbanos consolidados no PXOM do ano 1999, e nalgún dos casos os seus propietarios xa fixeron cesión, e así está recollido incluso en actas de pleno, xa no ano 1962 e parece que non se lles quere dar validez. Dende o Partido Popular entendemos que aínda que cada rúa ten as súas propias características, en todas elas, e factible aceptar de forma practicamente automática a cesión que os propietarios queren facerlle gratuitamente ao Concello, pois para que unha propiedade privada destinada a viais nun plan de urbanismo se converta en dominio público municipal, simplemente fai falta o acto de entrega e aceptación entre particular e administración".
"Trátase en definitiva coa nosa petición de reunión da xunta de portavoces, de desbloquear na medida do posible, esta situación que non se pode chegar a entender e que paralizan o crecemento urbanístico do noso pobo",remarcan.
Finalmente, os populares fan referencia a "o caso da rúa Costa Rica o problema vese incrementado por un tema de saúde pública, dada a proliferación de ratas que está habendo nos últimos meses según denuncian os veciños, xa que a rede de alcantarillado está en moi mal estado, e a execución da apertura e urbanización da rúa permitiría renovar a rede de alcantarillado de ese tramo".
E chaman a atención sobre o que endenden é falta de coordenación dentro do goberno municipal "a raíz da problemática da proliferación de ratas na rúa Costa Rica, volvemos a ver a falta de xestión coordinación e comunicación interna do grupo de goberno do PSOE do Concello do Carballiño, xa que según os veciños levan meses soportando está situación e advertindo ao Concello e ao Alcalde, Paco Fumega, e a edil de medio ambiente, Erika Paz, facía unhas declaracións nas que aseguraba que non tivo coñecemento desta problemática hasta a semana pasada", subliñan.