O Partido Popular presentou cinco alegacións ó acondicionamento do entorno da Veracruz coas que pretende mellorar o proxecto
Grupo Municipal do PP
Agora, por medio dunha alegación presentada ó proxecto de acondicionamento do entorno da Veracruz, o partido popular volve insistir no ancho do futuro vial que comunicará a praza de San Ramón e a rúa Evaristo Vaamonde, solicitando que o mesmo sexa de 16 metros en lugar dos 11 que contempla o proxecto promovido polo Concello do Carballiño. Precisamente, este martes 2 de xuño remataba o periodo de exposición pública e de presentación de alegacións. O partido popular ven defendendo desde que comezou a xestarse este proxecto que o ancho do futuro vial debería ser de 16 metros, para adaptarse a legalidade urbanística, xa que do contrario entende o partido popular que sería necesaria unha modificación puntual do PXOM, que podería levar varios meses de tramitación e por conseguinte retrasar a execución da obra. Ademáis, noutra alegacion, o Partido Popular solicita que o novo vial tamén teña conexión coa rúa Florentino Cuevillas.
As outras tres alegacións promovidas polos populares son as relativas a previsión dunha zona de estacionamento para autocares, a creación dunha zona de xogos infantís, e que se manteña a rampa actúal de acceso á entrada principal do Templo desde Evaristo Vaamonde, e que se suprime no proxecto que pretende levarse a cabo. Éstas, e o resto das alegacións presentadas en tempo e forma deberán ser agora resoltas polo Concello do Carballiño, antes de proceder a aprobación definitiva do proxecto, que será despois remitido á Consellería de medio ambiente, territorio e infraestucturas para proceder a licitaciòn da obra.