O Partido Popular propón que a Festa do Polbo sexa dedicada ó Xacobeo
A proposta foi presentada esta mañá por medio dun escrito dirixido ó Alcalde do Carballiño, solicitando que a vindeira edición da festa do polbo que se celebrará o domingo 8 de agosto sexa dedicada ó Xacobeo 2010. O Partido Popular expón como "O Xacobeo é un acontecemento especial para tódolos galegos e galegas, sexan ou non cristiáns, e arredor do mesmo xurden acontecementos de tipo social e cultural de ampla diversidade que complementan o potencial turístico". Tamén subliñan os populares que a Festa do Polbo está considerada como a festa gastronóminca máis importante e representativa das convocatorias festivo-gastronómicas de Galicia, polo que "a confluencia de ambos acontecementos sería moi positivo, o noso Patrón Santiago sentiríase honrado, e o Xacobeo e os seus perregrinos terían a súa disposición a mellor das festas gastronómicas de Galicia e o mellor pulpo á feira que nunca teñan comido". Sería ésta a segunda vez na que se dedicaría a festa carballiñesa ó Xacobeo, a primeira foi no ano 1993.