O Partido Popular propón ao concello que inicie as xestións para conseguir a declaración de "interese Turístico Galego" para a Festa da Cachucha
O grupo popular no concello carballiñés trasladará en formato de moción esta proposta ao pleno da corporación municipal. Na expoosición de motivos, os populares fan un repaso ao inicio desta convocatoria festivo-gastronómica que o vindeiro dia 10 de marzo celebrará a súa 25 edición.
"Esta festa que comezou fai xa 25 anos, fixérase dunha forma simplemente presencial na contorna da Praza Maior, onde veciños e veciñas podían pasar a degustar a cachucha, pretendendo así, promocionar un produto típico en datas do entroido", recordan.
Unhos anos despois a celebración tiña lugar baixo carpa no Domingo de Entroido, organizábase un xantar, realizado por algúns dos restaurantes do pobo, no que unhas 300 persoas no mellor dos casos se reunían e daban boa conta da cachucha Foi con posterioridade no ano 2012 na edición XVIII, cumprindo a maioría de idade a Festa, cando transfórmase nun modelo máis participativo do sector da restauración, eliminando a carpa que limitaba ou número de comensais e ademais cambiabase a data para o domingo posterior ao do Entroido.
Foi a partir desa data do 2012, cando a Festa da Cachucha pasou a celebrarse fundamentalmente nos propios restaurantes do Pobo, que sendo apoiados polo Concello en animación, foi conseguindo ano tras ano, un éxito de asistencia nos propios locais, pasando así a ser unha festa popular, á que acuden miles de persoas tanto a degustar o cocido de cachucha como gozar das actividades programadas durante esa xornada.
Logo a partir do ano 2014 se lle incorporou, a parte da animación en rúas e locais, un desfile de entroido, incrementándose o atractivo turístico, enchendo de xente O Carballiño.
Así, dende o Grupo Popular, consideran que vale a pena tentar para esta festa, A Festa da Cachucha, a declaración de Festa de Interese Turístico Galego, toda vez que se dan os requisitos necesarios como son a antigüidade (máis de 20 anos), singularidade, arraigo, accións promocionais suficientes, valor cultural e continuidade no tempo.
A importancia de declarar a Festa da Cachucha como de Interese Turístico Galego, "basease na posibilidade de recibir achegas económicas da Xunta de Galicia, ser incluída en accións de promoción da propia Xunta, e planificar inversións materiais que melloren e beneficien ao evento", remarcan.
Por todo elo, o grupo municipal do Partido Popular vai pedir o acordo plenario para poñer en marcha o procedemento que consiga a declaración por parte da Xunta de Galicia, promovendo o correspondente expediente ante a Axencia de Turismo de Galicia.