O Partido Popular quere que o concello destine 1,2 millóns de euros do orzamento municipal nun plan de impulso socioeconómico do Carballiño

14, Abril 2020

Nunha primeira fase de medidas urxentes para adaptar o orzamento municipal á nova realidade derivada da incidencia polo coronavirus, o Partido Popular propón mobilizar un total de 588.742 euros, que deberían ampilarse con outros 600.000 euros nunha segunda fase para lograr o impulso socioeconómico do Carballiño, axudando aos sectores máis afectados.

1.- AXUDAS AUTÓNOMO, E PEQUENAS EMPRESAS: 300.222,50€
A)Axudas de contía fixa de 1.200 € para persoas físicas e xurídicas con ou sen traballadores ao seu cargo cando a actividade que desenvolvan se tivese visto afectada polo peche de establecementos.
B)Axudas de contía fixa de 750 € para persoas físicas ou xurídicas con ou sen traballadores ao seu cargo que non se viron afectados polo peche de establecementos, sempre que sufran unha redución da súa facturación no mes anterior á solicitude desta subvención de polo menos o 75%, en relación coa media efectuada no semestre natural anterior á declaración do estado de alarma.
C)As contías anteriores incrementaranse nas seguintes contías:
C.1.- En 600 € por traballador en caso de ter ata 9 traballadores (inclusive) a data 1 de marzo de 2020, no caso de acreditar que non se ten tramitado expediente de regulación temporal de emprego no momento de solicitar a subvención así como comprometerse a non solicitalo nos 3 meses inmediatamente posteriores á súa concesión.
C.2.- En 450 € por traballador en caso de ter entre 10 e 49 traballadores (inclusive) a data 1 de marzo de 2020, no caso de acreditar que non se ten tramitado expediente de regulación temporal de emprego, no momento de solicitar a subvención así como comprometerse a non solicitalo nos 3 meses inmediatamente posteriores á súa concesión.
C.3.- En 180 € por traballador en caso de ter ata 9 traballadores (inclusive) a data 1 de marzo de 2020, no caso de acreditar que, solicitado ou concedido o expediente de regulación temporal de emprego solicitado, se ten chegado a un acordo cos traballadores ou coa súa representación sindical, de complemento salarial ate completar o 100 % da base reguladora daqueles traballadores afectados polo ERTE.
C.4.-En 120 € por traballador en caso de ter entre 10 e 49 traballadores (inclusive) a data 1 de marzo de 2020, no caso de acreditar que, solicitado ou concedido o expediente de regulación temporal de emprego solicitado, se ten chegado a un acordo cos traballadores ou coa súa representación sindical, de complemento salarial ate completar o 100 % da base reguladora daqueles traballadores afectados polo ERTE.
D) Axudas á conciliación da vida familiar e laboral por situacións derivadas da crise sanitaria ocasionada polo Covid-19, destinando unha contía fixa de 100 euros as persoas físicas traballadores por conta allea que experimentaran unha diminución nos seus ingresos a consecuencia de ser incluídos nun expediente de regulación temporal de emprego, ou tido necesidade de solicitar excedencia ou redución de xornada para a atención de fillos menores de 12 anos aos que lles tivera afectado o peche dos centros educativos con motivo da crise sanitaria ocasionada polo Covid-19. Para o caso de máis dun fillo a cargo, as contías serán de 150 € se foran 2 fillos a cargo e de 175 € se foran 3 ou máis fillos a cargo.
E)Tamén poderán ser beneficiarios destas axudas á conciliación da vida familiar e laboral os traballadores/as autónomos/as sempre que cumpran os requisitos sinalados.

2.- ACTUACIONS EN FOMENTO DE EMPREGO: 60.000 euros.
É necesario tamén que desde o Concello se acaden acordos coas outras administracións tendentes a xerar emprego tras o cese do estado de alarma. Recordamos aquí a importancia das dúas escolas taller actualmente solicitadas a Xunta de Galicia, pero entendemos que se deben complementar con acordos co Servicio Público de Emprego Estatal que permitan conveniar a contratación excepcional de persoas en situación de desemprego.

3.- COMERCIO, HOSTELERIA: 122.520,00€

3.1-DINAMIZACION COMERCIAL: 84.320,00€
O comercio local, incluíndo nel á hostalería, ten que ter unha especial atención, pois é un pilar da nosa economía e ten que seguir a flote sexa como sexa. Neste senso as dúas partidas que se promoven son as de Dinamización comercial con ata 84.320€ para que dende o Concello se poidan facer promocións para incentivar o comercio local, tanto entre a veciñanza do noso pobo como de quen se acerque ao Carballiño e mesmo axudando á creación de mercados online.
3.2.-CENTRO COMERCIAL ABERTO 31.200,00€
Subvención directa ao CCAA para que poidan organizar actividades promocionais ou axudas directas aos seus asociados para afrontar gastos de funcionamento.
3.3.-PRAZA DE ABASTOS:7.000,00€
Asociación de praceiros para que poidan potenciar o seu comercio de calidade.

4.- PERSOAS, CONCILIACION: 106.000,00€

4.1.-EMERXENCIA SOCIAL: 40.000,00€
A partida de emerxencia social, regulada pola ordenanza existente en tramitación no Concello, polo que urxe a súa aprobación definitiva, servirá para paliar situacións puntuais e excepcionais de emerxencia individual e familiar.
4.2.-PERSOAS MAIORES:30.000,00€
As persoas maiores deben de ter un protagonismo especial, polo que, se facilitará a atención a moitas persoas en franxas horarias adaptadas a cada familia para poder ser atendidas en centro de día, e proxectos de atención a persoas maiores que viven soas
4.3.- CARITAS:12.000,00€
Con Cáritas se deberá de seguir colaborando e con más forza e tamén para sufragar gastos directos de xestión pola labor que veñen facendo durante todo este tempo
4.4.-CRUZ VERMELLA:6.000,00€
Compre tamén apoiar a Cruz Vermella, tanto nos seus gastos directos como nos de xestión que xera a súa actividade.
4.5.-ANPAS PRIMARIA:9.000,00€
A conciliación faise imprescindible, e a bo seguro que as AMPAS dos colexios de primaria do noso pobo, tanto públicos como concertadas, terán moito que facer e traballar nesta cuestión, polo que se fai necesario partida económica suficiente.
4.6.- AXUDA ESCOLAR: 9.000,00€
O mes de setembro será un mes especialmente duro para moitas familias co arranque do curso escolar, polo que é de interese prevelo e adiantarse incrementando o gasto, polo que se debe de variar as bases da convocatoria para este ano 2020, regulando unha nova base impositiva mínima para as familias e así cubrir máis espectro social e conseguir gastar o importe da subvención, que ademais repercutirá no comercio local.

Para unha segunda fase das medidas de impulso socioeconómico COVID-19, se deberían de incorporar outros 600.000,00€ que se incorporarían ao grupo A) AXUDAS A AUTÓNOMOS E PEQUENAS EMPRESAS.

Para cubrir este mínimo de 600.000€ teríase que facer outro cribado do propio orzamento municipal, pois non se pode tomar certas decisións ata dentro dun tempo, para saber gasto referido a actividades, eventos e actuacións de todo tipo que se poden ver afectadas por futuras restricións de mobilidade ou de concentracións, e de ser necesario, para completar esta cantidade se debería tirar, na medida do posible, do remanente de tesourería, dándolle a forma legal necesaria.
As medidas que se propoñen esténdense tanto a política impositiva que debe seguir o Concello, como a política de gastos, pois cabe recordar aquí o xa solicitado o día 9 de abril tamén no concello para modificar o calendario fiscal, retrasando o período de pago voluntario de todos os tributos locais ata finais de ano, e adaptar a totalidade dos padróns das taxas municipais aos servicios que realmente prestase o Concello.
O Grupo popular fai estas propostas concretas, que están enriba da mesa do Alcalde do Carballiño, para que se podan aprobar como modificación orzamentaria urxente para que entre en aplicación canto antes.