O Partido Popular reducirá á metade as 36 liñas de telefonía móbil que tiña contratadas o anterior goberno municipal do Carballiño
O Concello do Carballiño convocará un concurso público para adxudicar a un operador a contratación dos servizos de telefonía, será ésta unha das medidas que próximamente se levarán a cabo según por parte do Alcalde Argimiro Marnotes e según manifestou "coa idea de reducir o gasto neste capítulo, que ascende de media a unhos cinco mil euros ó mes", unha cantidade que se considera "excesiva" por parte dos novos gobernantes do Carballiño. O Partido Popular pretende reducir á metade as liñas de telefonía móbil que tiña contratadas o anterior goberno socialista, en total 36 liñas de telefonía móbil, que se repartían entre os Concellais do grupo de goberno e outros responsables municipais, como a Policia Local ou os varios que estaban asignados ó electricista e o servizo eléctrico muncipal, que contaba con varias liñas para a alerta de averias nas iluminacións públicas mediante SMS, algunas de esas liñas que estaban contratadas "nin xiquera se utilizaban", dixo Marnotes, que ademáis xa ordenou a pasada semana que foran dadas de baixa. Agora, o Partido Popular plantexase como obxetivo inmediato abaratar o gasto telefónico, racionalizando e mesmo restrinxindo o uso do móbil a aqueles despartamentos e responables municipais nos que se fai necesario e imprescindible.