O Partido Popular solicita un pleno extraordinario para que o alcalde aclare a renuncia do redactor do PXOM
A solicitude foi xa presentada formalmente no rexistro municipal de Maside e na mesma pídese "que o alcalde informe á veciñanza dos verdadeiros motivos desta renuncia".
O redactor do PXOM presentou fai unhos dias atrás a súa renuncia alegando "motivos persoais" para xustificar a decisión de non continuar ocupandose dos traballos de redacción do futuro regulamento urbanístico do municipio.
O Partido Popular fai constar na solicitude que "tendo en conta a relevancia do asunto, pídese que o pleno se celebre nun local máis amplo para o público co do salón de actos da casa do concello e nun dia e horario apropiados para facilitar a asistencia aos veciños de Maside", de forma expresa solicitase que a convocatoria sexa en sábado ou domingo en horario de mediodia.