O Partido Popular toma o mando no Concello do Carballiño e presenta o novo goberno municipal
O novo equipo de goberno do Partido Popular que xestionará o Concello carballiñés nos próximos catro anos estará encabezado por un Alcalde con dedicación exclusiva, Argimiro Marnotes ocuparáse directamente da política de persoal. Martín Nogueira será o portavoz do grupo, e ademáis da área de sanidade, asumirá as tarefas de coordinación entre os distintos departamentos municipais. Para a área de benestar social, que se ocupará de servizos sociais, terceira idade, emigración e inmigración, igualdade e dependencia, a concelleira será Purificación Alberte. Outro dos departamentos dos que máis directamente se visualiza o seu traballo por parte da cidadanía, o de medio ambiente e servizos públicos, foi encomendado ó Concelleiro Jesús Rodríguez, que terá o seu cargo a recollida do lixo, o punto limpo, a limpeza, os servizos eléctricos e de augas, saneamento e depuración e concesións públicas. Pilar Caride ocuparáse das relacións coa veciñanza, e ademáis xestionará a dinamización turística, educación e feiras, e terá baixo a súa responsabilidade un novo departamento municipal que atenderá reclamacións e suxerencias veciñais. Para deporte, cultura, comercio, lecer e festas, o concelleiro designado é Rodrigo González, mentres que Teresa Valiñas exercerá como máxima responsabe de industria, emprego e promoción económica. As competencias sobre a xestión do Plan Xeral de Urbanismo e a coordenación de todo tipo de obras no termo municpal son delegadas en favor do Concelleiro Magín Daparte, que dirixirá a área de obras e urbanismo. E finalmente, Emilio Carballeda ocuparáse doutra das macro-áreas municipais, a de facenda, orzamentos, réxime interior, contratación administrativa, dinamización rural, seguridade e mobilidade.