O persoal da residencia pública de maiores dependentes do Carballiño demanda melloras nas condicións de traballo e a atención asistencial

21, Novembro 2024

O persoal da residencia pública de mairoes do Carballiño, que xestiona a empresa GESMEDICAL DIS SL, concentrouse este xoves ás portas do centro convocado polo Comité de Empresa, para demandar melloras tanto nas condicións de traballo como na atención asistencial.

O Comité de Empresa valora moi positivamente o apoio a esta primeira protesta, asegurando que "tivo o apoio de preto do 100% dos traballadores e traballadoras" desta residencia pública, que ten unha capacidade asistencial de 80 prazas, a maioría de persoas dependentes.