O Plan Único-Banda Ancha mellorará a conectividade en 1300 núcleos de poboación da comarca do Carballiño. O Subdelegado do Goberno informou aos alcaldes do desenvolvento deste proxecto "que rompe a fenda dixital".
O subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González, presentou os datos do Plan Único- Banda Ancha na comarca do Carballiño, que permitiu que Concellos como Boborás, O Carballiño ou Punxín pasasen nos dous últimos anos de non ter implantación de banda ancha a que ésta chegue a máis da metade dos seus habitantes”.
Fixoo no transcurso dun acto informativo celebrado esta mañá na casa do concello do Carballiño, e a que asistiron os alcaldes dos municipais aos que afecta este Plan Único de Banda Ancha financiado con fondos europeos xestionados polo goberno central.
González sinalou que este investimento levará internet de banda ancha a “máis de 4.000 veciños e veciños da comarca carballiñesa mellorando a conectividade en 1.300 núcleos de poboación de toda a comarca rompendo a fenda dixital que existe na actualidade”.
Xunto co representante do goberno tamén se desprazou ata o consistorio carballiñés a este encontro informativo o Xefe de Telecomunicacións da provincia, Enrique San Martín, quen informou aos alcaldes dos sete municipios da comarca –Carballiño, Maside, Boborás, San Cristovo de Cea, Piñor de Cea, Beariz, San Amaro– do estado de cumprimento do plan situando os concellos da comarca como unha zona de gran conectividade.
No conxunto da provincia, o plan conta cun investimento de 18.391.322 euros para 45.635 unidades en Ourense cuxos traballos están a ser efectuados pola empresa Adamo Telecom