O portavoz do goberno municipal, Diego Fernández, compara a Pachi Vázquez con Jácome "ambos pretenden desviar a atención ante o gran éxito da Festa do Pulpo"
Pachi Vázquez afirmaba este pasado domingo en plena celebración no parque municipal que había moito que cambiar e que para o próximo ano teriamos unha gran Festa do Pulpo cos cámbios necesarios "o ano que ven terémos unha festa do pulpo moi potente", decía o líder de Espazo Común.
Na súas redes sociais, Jácome, o alcalde de Ourense minimizaba o éxito de convocatoria da Festa do Pulpo, tanto en afluencia de público como en consumo de polbo durante esta 61 edición.
Pois ben, o portavoz do goberno municipal carballiñés comparaba a ambos, o concelleiro socialista Diego Fernández ten claro que os dous teñen un mesmo obxetivo: desviar a atención ante "o gran éxito da festa este ano".
Escóitao no audio adxunto: