O Portavoz Socialista percibe "que o Alcalde de Boborás está máis nervioso e inseguro cada día que pasa"
O Portavoz Socialista na Corporación Municipal de Boborás denunciou hoxe -nunha intervención en Cope O Carballiño- a preocupante situación financieira e de endebedamento do Concello de Boborás, e que se situaría nunha débeda de 1.068.000 euros, a día 31 de decembro de 2008, cantidade que o portavoz socialista manexa en base os datos recollidos do Ministerio de Economia e Facenda. Alberto Otero asegurou que na actualidade o de Boborás é o segundo máis endebedado da Comarca do Carballiño, e sería o número 12 entre os 93 Concellos da Provincia de Ourense, algo que contrasta coa situación de fai tan só unhos anos atrás cando Boborás presumia de ser un Concello rico en con superavit. Precisamente, esta delicada situación financieira do Concello de Boborás estaría detrás -manifestaba o o portavoz socialista- da decisión de apagar as iluminacións públicas e como medida de aforro no gasto municipal. Unha decisión "que non é a maís idónea para un Concello Rural e cunha poboacion moi envellecida, xa que aumentará a inseguridade e propiciará que os veciños abandonen Boborás para ir vivir a cidades nas que se sentirán máis seguros". Insistiu o portavoz socialista no que considera é unha alta carga para a economia muncipal, os gastos en persoal e a remuneración que recibe o Alcalde e os Concelleiros do Grupo de Goberno, unhos 60.000 euros ó ano, ós que sumou 28.000 maís que recibe o Asesor da Alcaldia. Finalmente, Alberto Otero (DECLARACIÓNS EN AUDIO) manifestou que non era certo que a maioria da poboación apoie que se recorten as horas de iluminación, tal como afirmara o Alcalde, e que "son numerosas as Asociacións de Veciños que están recoñendo sinaturas contra este acordo".
CERTIFICACIÓN DO SECRETARIO-INTERVENTOR DO CONCELLO DE BOBORÁS . Tras a intervención hoxe do portavoz socialista no programa "A mañá de Cope", o Concello de Boborás difundiu un certificado do Secretario interventor no que se fai constar que a día 1 de setembro de 2009, a débeda contraída polo Concello de Boborás a longo prazo ascende a 669.745 euros.
Lo siento tu navegador necesita flash para ver este contenido
Concelleiro do PSOE en Boborás