O PP asegura que "a incapacidade do goberno socialista fai perder 40.000 euros dunha subvención", unha perda que nega o PSdeG.
O portavoz do Partido Popular, Argimiro Marnotes, asegurou que o concello do Carballiño vai perder a subvención da Xunta para a cuberta das pistas de padel do Polideportivo Paco Chao ao incumplir os prazos de remate, certificación e pagamento da obra subvencionada, neste caso por importe de 40.000 euros.
O prazo, xa prorrogado, remataba o 20 de Outubro e según Marnotes a obra "non está executada nin ao 50%, é lamentable que o goberno socialista non saiba xestionar os moitos recursos que lles deixou o Partido Popular, que foi quen tramitou ante a xunta esta subvención".
O portavoz popular recordou que "no último pleno que foi o 30 de Setembro fixémoslle unha pregunta ao señor alcalde sobre si esta obra de cubrición xa estaba contratada e empezada e díxo que si, xa daquela eramos sabedores que a data do 30 de Setembro non estaba feito nin o contrato de obra, nin o plan de seguridade, nin a apertura do centro de traballo nin a acta de inicio da obra".
Marnotes pediulle ao alcalde que deixe a súa actividade docente "na universidade e aterrice na realidade do concello"
Nos micrófonos de COPE O Carballiño, o portavoz do goberno municipal, Adolfo Nogueira, comentou que Marnotes "tiña moita presa en facerse a foto, habería que preguntarlle que persigue con esto, debería valorar se o que quere é que os veciños do Carballiño perdan 40.000 euros dunha subvención".
Nogueira engadíu que "non se vai perder ningunha subvención porque a obra está certificada dende o dia de onte, fai dous dias que xa estaba alí o material que faltaba por instalar, as planchas da cuberta, como fixo aire non se poideron instalar pero o compromiso da empresa era rematar hoxe".