O PP celebra a Convención Provincial de Candidatos no auditorio do Carballiño
O Auditorio Municipal de O Carballiño acolleu esta tarde a Convención Provincial de Candidatos e Candidatas do PP de Ourense para as Eleccións Municipais de maio de 2015.
O presidente provincial, Manuel Baltar, salientou durante a súa intervención que "O PP é a única forza política desta provincia capaz de presentar a día de hoxe aos seus 91 candidatos provinciais". Destacou tamén Manuel Baltar que a media de idade dos candidatos populares ourensáns é de 52 anos. Ademáis, lembrou que dos 91 candidatos hoxe presentados, 22 supoñen unha renovación.
Manuel Baltar lembrou no Carballiño que hoxe, precisamente, se cumpren tres anos da investidura como presidente do Goberno de Mariano Rajoy, quen precisamente viviu os seus primeiros anos na vila do Arenteiro.
Tamén fixo un repaso aos obxectivos do PPOU para os vindeiros comicios, que actualmente ostenta 69 das 92 alcaldías de Ourense, así como a intensa actividade orgánica do PP de Ourense. con 70 congresos locais celebrados a día de hoxe. "Defendemos unha visión integral da provincia, onde todos os municipios contan. Somos reformistas, centristas e galeguistas. E practicamos o verbo máis importante en política: escoitar. Somos unha formación política gañadora como ningunha".
Previamente ás verbas de Manuel Baltar, as intervencións da convención desta tarde correron a cargo de Argimiro Marnotes (benvida); José Luis Ferro Iglesias (“Cultura e Turismo, a xestión local do Turismo Cultural”); Luz Doporto Real (“La alternativa popular, el modelo de la confianza”); Gabriel Alén Castro (“Facendo futuro. A xestión local no século XXI”); María del Carmen Yáñez Salgado (“O futuro de Ourense pasa polo Termalismo”) e Jorge Pumar Tesouro (“Organización política e campaña electoral”).
Durante a súa intervención, ao comezo da Convención Provincial de Candidatos do Partido Popular de Ourense, o presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, salientou que "a pesar de que entre todos, moitos problemas os solucionamos, aínda quedan moitos por solucionar. Pero ninguén nos debe roubar as solucións. Hai algún que pretende proxectarse como o máis grande, e precisan que os problemas sexan máis graves. Eso é minusvalorar á xente e caer no simplismo, cando non se moveu nin un dedo para paliar esta profundísima recesión económica. Desprezan este país e non lles gusta que agora falemos de emprego e non de paro. E non lles gusta porque todo isto o conseguimos co esforzo de todos. Non entendo esa satisfacción por dividir. Frente a súa soberbia, a nosa humildade; frente ao seu ego, o noso servizo. Eles son os salvadores da patria; nós preferimos ser os servidores da patria. Somos o partido que dá a cara, mentres outros lle botan moita cara. Nós estamos aquí para gañar", proclamou ante candidatos e invitados que completaron o aforo do auditorio carballiñés.