O PP contesta ás críticas dos socialistas : "escóndense detrás da súa incompetencia e están a tirar por terra todo o avanzado no anterior goberno en xestión económica".
Os populares responden ás críticas do PSdeG e emplazan ao goberno municipal para que proceda á contratación dunha auditoria externa tal como acordou o pleno da corporación "pois non entendemos cál é o motivo para o seu retraso", manifestan.
O PP defende a súa xestión económica e afirma que foron os socialistas os que fixaron as condicións contratuais con Viaqua, empresa que reclamaba ao concello 1,4 millóns de euros, pero a xestión do PP conseguíu que a xustiza so lle recoñecera 590.000 euros "un asunto que lle supuxo unha factura de letrados dunhos 120.000 euros que antes de ser aprobada foi exhaustivametne comprobada para cumprimento das tarifas fixadas polo colexio oficial de avogados", subliñan os populares.
Para acceder ao comunicado íntegro do Partido Popular prema no arquivo adxunto: