O Presidente da Mancomunidade achaca o retraso na creación do parque de bombeiros á mala xestión do bipartito

24, Xuño 2009

Manuel Prado, o Presidente da Mancomunidade de Concellos do Carballiño, confia en que a nova Xunta de Galicia axilice o proxecto de construcción do parque intercomarcal de bombeiros profesionais para O Carballiño-O Ribeiro, un proxecto que acumula xa varios anos de retraso, primeiro pola tardanza do Concello do Carballiño en poñer a disposición do Consorcio os terreos nos que se ubicará o edificio, na zona industrial do Carballiño, e últimamente polas diferencias de criterio que mantiñan a Xunta do Bipartito e a Deputación en relación ás aportacións económicas que ambas administraccións deberían facer para o manteñento deste parque de bombeiros, do que xa dispoñen desde fai anos outras comarcas da provincia, como Valdeorras ou Verín, e máis recentemente A Limia, un proxecto que comezou a xestarse de forma simultánea a este do Carballiño. Manuel Prado manifestou no programa "a mañá de Cope" que o acordo entre os Alcaldes para poñer en funcionamento o parque de bombeiros era total, e que polo tanto este retraso era unha consecuencia máis da "mala xestión do goberno bipartito que xestionou a Xunta de Galicia nos últimos catro anos"

Lo siento tu navegador necesita flash para ver este contenido

Manuel Prado Presidente Mancomunidade Concellos do Carballiño