O Presidente da Mancomunidade lanza un S.O.S. para salvar a entidade comarcal. Escoita aquí a entrevista a Fernando Redondo.

7, Outubro 2024

O alcalde de San Amaro, Fernando Redondo, e actúal presidente da Mancomunidade de Concellos do Carballiño aproveitou hoxe a súa intervención en COPE O Carballiño para lanzar unha chamada de socorro aos alcaldes da comarca para salvar a entidade comarcal.

Redondo defende a continuidade da Mancomunidade porque "se os concellos se involucran nun proxecto común sería viable e sería beneficioso para todos", pola contra na situación actúal e con so catro concellos mancomunados a súa viabilidade corre serio perigo.

Neste contexto, e tras reunirse dias atrás co presidente da Deputación Luis Menor, iniciou contactos cos responsables municipais do Carballiño, en concreto co alcalde Fumega, para buscar vias de colaboración co concello que obstenta a capitalidade comarcal xa que "sen o seu compromiso a Mancomunidade ten dificil poder seguir", dixo Redondo.

Escóitao aquí: