O programa da Xunta "Coidados Porta a Porta" chega a Cea os dias 2, 5 e 6 de setembro: ofrecerá servizos de podoloxía, audioloxía e estimulación cognitiva a persoas maiores de 55 anos.
Os dias 2, 5 e 6 de setembro chega a Cea "Coidados Porta a Porta". Trátase dunha iniciativa da Xunta de Galicia que achega un autocar aos diferentes concellos de Galicia, coa finalidade de proporcionar á veciñanza servizos asistenciais para a prevención da dependencia.
Poden pedir cita para este servizo todas as persoas maiores de 55 anos, sendo preciso solicitar cita previa nos números de teléfono 622 748 283 ou 623 546 992. Os mesmos números e o enderezo electrónico coidadosportaaporta@xunta.gal tamén están a disposición para ampliar información.
Os servizos que se ofertan son os de podoloxía, audioloxía e estimulación da memoria.
ESTIMULACIÓN DA MEMORIA: Estimulación COGNITIVA - Estimulación FUNCIONAL - Prevención da DEPENDENCIA mediante hábitos de vida saúdables - Promoción do ENVELLECEMENTO ACTIVO
PODOLOXIA : Consulta BÁSICA de podoloxía - Corte e limpeza de UNLLAS - Eliminación de DUREZAS, CALOSIDADES e HELOMAS - Valoración do ESTADO XERAL DO PÉ
AUDIOLOXÍA : CONSULTA BÁSICA de audioloxía - EXPLORACIÓN funcional da audición - PREVENCIÓN da perda auditiva