O PSdeG demanda a apertura inmediata da Residencia de Tempo Libre do Carballiño
O Grupo Municipal do PSdeG esixe a Marnotes que faga as xestións oportunas para a apertura inmediata da Residencia do Tempo Libre. Lembra a importancia económica que supón para O Carballiño poder ofrecer este servizo e reclama ao alcalde que "se poña firme ante a Xunta para que a apertura das instalacións se leve a cabo canto antes".
Os socialistas sinalan que este ano os remeiros que compiten no Embalse de Castrelo aloxáronse no Balneario de Laias, cando en anteriores ocasións o fixeran na Residencia do Tempo Libre "deste xeito, perdeuse unha oportunidade de contar con visitantes na nosa vila e darlle así un impulso económico que tanto precisa".
Por iso, esixen a Marnotes "que deixe de dar lagas e que se poña firme ante a Xunta para que a Residencia abra as súas instalacións, xa que isto demostra a existencia de demanda. O que falta é vontade política", e engaden ademáis que "a falla de xestións de Marnotes para conseguir a apertura da Residencia demostra que en Santiago os do seu partido non lle fan ningún caso, e as consecuencias pagámolas os cidadáns do Carballiño".