O PSdeG pide que se recobre a normalidade no centro de saúde de Punxín, tras a reducción de horarios e peches sen aviso
As Concelleiras Socialistas de Punxín califican de vergoñento o que está a suceder no Centro de Saúde de Punxín, que esta mañá se atopaba totalmente pechado e sen ningún tipo de información ao respecto.
Dende o Grupo Municipal Socialista en Punxín, esixen a solución inmediata desta problemática, para Peleteiro “esta non é a forma de defender o rural nin a sanidade pública”, indica ademais, “de pouco vale traer un autobús polos municipios prestando “servicios sanitarios” si a veciñanza non dispón da atención sanitaria no día a día”.
Dende o PSdeG de Punxín indican que xa en datas pasadas se reduciu o horario de atención no Centro de Saúde, prestando servicio unicamente dende as 12 horas, e sen aviso previo máis que un cartel no propio Centro de Saúde, pero esta vez, os usuarios e usuarias atopáronse coa porta pechada e sin ningún tipo de aviso.
A voceira socialista en Punxín, Lorena Peleteiro comunica que, “levaremos esta situación ao próximo pleno da corporación municipal, defender a sanidade pública e unha atención de calidade no Centro de Saúde de Punxín debe ser unha prioridade de todos e todas, e condeamos que unha vez máis o grupo de goberno mire para outro lado e non sexa quen de defender á veciñanza de Punxín”.