O PSdeG-PSOE afirma que o alcalde do Irixo "ten un grave problema no respeto á democaracia, á lei e aos membros da corporación", tras informar que a Valedora do Pobo admitíu a trámite 5 queixas por negar o acceso a diversa documentación municipal
O PSdeG-PSOE do Irixo ven de comunicar que a Valedora do Pobo ven de admitir a trámite as 5 queixas remitidas a esta institución polo grupo municipal socialista e require ao concello do Irixo "para que en 15 días informe de porque denega o acceso a máis dunha ducia de expedientes solicitados polos socialistas".
Recordan os socialistas que o seu portavoz Iago Fariñas Valiña "solicitou o acceso a diferentes expedientes do Concello xa no mes de agosto, setembro e novembro de 2022 e febreiro 2023 sen que o alcalde concedese dito acceso". Aseguran que "van xa para 9 meses nos que o Alcalde do Irixo non amosa os expedientes e xustificantes das facturas da conta xeral do ano 2021". Tampouco da compra e venta de castañas e comercialización e fabricación de fariña, asi como de actividades organizadas polo concello tales como a Feira do Tellado e Festa do Cabalo 2022.
Fariñas tamén demandou a documentación da “Marca Irixo” e “tenda da marca Irixo”, asi como da programación de concertos, actuacións e actividades do verán 2022. Tamén demandou, sen éxito -remarcan os socialistas, a documentación relativa á contratación de persoal do concello e do Obradoiro de emprego, asi como os expedientes relativos a diferentes obras e gastos, como tampouco tivo acceso o representante socialista "aos empadroamentos deste concello que se ten solicitado e a pesar de ter o acceso concedido por silencio administrativo positivo fai xa varios meses atrás".
Finalmente, os socialistas lamentan "a falta de transparencia e as trampas do alcalde Manuel Cerdeira que ten un problema grave no respeto á democracia, á lei, e os dereitos dos membros da corporación".