O PSdeG PSOE de Boborás mostra a sua preocupación pola situación que atravesa a Mancomunidade do Carballiño

22, Outubro 2024

O PSdeG pon de manifesto que "tras as diversas noticias semanas atrás, nas que se falaba do delicado estado estado da Mancomunidade, dende o PSdeG-PSOE de Boborás demandan maior transparencia e claridade acerca do seu estado, xa que ata o de agora moito se falou do seu mal estado pero descoñecense as cifras económicas da Mancomunidade, polo que consideran deberiase sermáis transparente coa veciñanza".

Ademais -engaden- que debería estudarse ben o modelo a seguir, xa que a situación e canto menos paradóxica, o haber mais concellos fora da Mancomunidade ca dentro dela, xa que actualmente so Irixo, Beariz, San Amaro, ademais de Boborás, forman parte dela, ademais de estar O Irixo en trámites para abandonala, o que agravaría aínda mais a xa grave situación,e ao que se suma Boborás, onde nos últimos tempos tamén se están a estudiar distintas opcions para a prestación dos servizos mancomunados, subliñan.

Por todo esto dende o PSdeG-PSOE de Boborás, "demandan en definitiva maior transparencia na Mancomunidade de Concellos do Carballiño, e que se tomen as medidas necesarias para garantir a súa continuidade ou ben se busquen novas fórmulas para a prestación deses servizos, sempre da maneira máis beneficiosa para a veciñanza".

Finalmente, o PSdeG de Boborás manifesta que "a Xunta de Galicia debería mostrar unha maior implicación na prestación do Servizo de Axuda no Fogar, xa que actualmente a súa infrafinanciación supón un grave problema para os concellos de menor tamaño".