O PSdG acusa a Marnotes de incumprir os compromisos para a reapertura do matadoiro
Os socialistas lembran que cando pechou o matadoiro o alcalde comprometérase "a abrir novamente en pouco tempo".Sinalan que dende entón “todo foi unha sarta de mentiras e promesas incumpridas”.
Afirman que o único que fixo o alcalde en todo este tempo foi “darlle largas aos traballadores e carniceiros e xogar co pan da xente que está agardando dende hai 18 meses por unha solución”.
Apuntan que o último compromiso de Marnotes foi o anuncio da posta en marcha do matadoiro a través dun convenio co Clúster da Carne, asinado a finais do pasado ano. “Segundo anunciou o alcalde, en tres meses o matadoiro estaría funcionando, o que supón un novo incumprimento porque polo de agora nada se sabe desa reapertura, e os traballadores e carniceiros están cada vez máis preocupados”.
“Mentres Marnotes vai de incumprimento en incumprimento e de mentira en mentira, as instalacións do matadoiro están cada vez máis deterioradas e abandonadas, sendo incluso cortado o subministro eléctrico hai unhas semanas”, denuncian.