O PSdG de Leiro critica a actuación municipal na construcción dos badéns en Gomariz
O Grupo Municipal Socialista de Leiro censura "as mentiras do alcalde que afirma nos medios de comunicación o que nega por escrito á oposición".
Neste caso se trata das irregularidades na instalación duns badéns no pobo de Gomariz, cuxa remodelación custa cartos aos veciños que a xuízo dos socialistas ben poderían ser utilizados noutra partida máis necesaria, especialmente nos momentos de crise que vivimos.
O portavoz, Manuel Rodríguez Vázquez, lembra que os socialistas xa presentaran unha moción en pleno, e pediran por activa e por pasiva, que se retiraran estos badéns porque non se axustan á normativa vixente e constitúen un perigo para a seguridade viaria.
Precisamente para a súa retirada mobilizáronse os veciños do pobo, que mesmo fixeron unha recollida de sinaturas contra un badéns que ninguén pediu e que custaron ao Concello 1.200 euros, aos que hai que sumar o que custe a súa remodelación. Rodríguez Vázquez, lembra que foi o PP quen votou en contra da moción socialista.