O PSdG denuncia "os excesos" do alcalde do Irixo, que pagou máis de 5.000 euros en hotel e comidas no que vai de ano
Os socialistas aseguran que os pagos foron aprobados mediante decreto do propio alcalde "pese ós informes de reparo expresados por Intervención".
Según a documentación que aportan os socialistas, en xaneiro deste ano abonouse unha factura en concepto de hotel para 3 persoas por importe de 3.864,50 euros. O gasto tería que ver coa organización dunha proba de motociclismo celebrada no Irixo.
Ademáis, no mes de abril, aboraronse outras tres facturas, por importe de 2.604,40 euros, duás desas facturas corresponden as presentadas por restaurantes en concepto de comidas pola celebración doutro evento deportivo.
O portavoz socialista, Xabier Rodríguez, considera que "mentres temos necesidades básicas sen atender e nos tempos que corren, parécenos unha falta de sensibilidade e respecto a todos os veciños que se gfaste diñeiro público en gastos de hotel e comidas".