O PSdG mantén un encontro coas asociacións culturais para "coñecer as súas necesidades"
O portavoz do Grupo Municipal dos Socialistas de Carballiño, Paco Fumega, mantivo un encontro con representantes dos colectivos culturais, a fin de coñecer de primeira man as súas principais necesidades "e trasladarlles o apoio do PSdeG".
Na xuntanza participaron representantes de Tiruleque, Plataforma de afectados polas taxas do Conservatorio, Potiños, Avantar, 8Notas, Cineclube Carballiño, Donorte e Chamoso Lamas.
Entre as preocupacións xerais destes colectivos atópanse a necesidade de contara con locais axeitados así como a tardanza da convocatoria das subvencións do Concello.
Paco Fumega destacou a importancia de manter e consolidar o tecido cultural no Carballiño e recoñeceu o inmenso traballo que estas asociacións están a facer por ofrecer a esta vila unha oferta cultural en diversos ámbitos.
Por elo, expresoulles "o respaldo do PSdeG nas súas reivindicacións e comprometeuse a ter en conta as súas necesidades para elaborar unha estratexia de fomento e apoio das actividades culturais no Carballiño".
Ésta, foi a segunda reunión en poucos dias do portavoz socialista con colectivos locais, tras a celebrada cos responsables do Centro Comercial Aberto e a Asociación de Comerciantes e Empresarios.