O PSdG-PSOE manifestase en Beariz contra a posible explotación dunha mina a ceo aberto
As Secretarias de Medio Ambiente e Medio Rural do PSdeG, Susana Bayo e Ana Doval, protagonizaron o acto "Enarborar o Bosque" que en defensa do medio rural galego que tivo lugar no concello de Beariz.
O PSdeG-PSOE reclama ao goberno Feijóo, e en concreto ao departamento de Medio Rural, que non mire para outro lado ante a petición dos grupos da oposición e de numerosos colectivos sociais para que retire a Lei de Montes que se aprobará a finais deste mes. “Unha lei que abre a porta a especulación co noso patrimonio ambiental e que non valoriza os recursos forestais”, afirman.
Precisamente cando o goberno galego acaba de publicar o decreto para a declaración da tempada de risco de incendios na nosa comunidade, os socialistas recordan que o PP non quixo aceptar o Pacto polo Monte Galego presentado polos Secretario Xeral dos Socialistas Galegos, Pachi Vázquez, que recollía medidas para a prevención dos lumes e para unha maior coordinación dos efectivos dispoñibles en época de crise. Neste punto recordan que "por cada euro que se destina a prevención, gástanse 3 en apagar incendios e 1,5 en rexenerar o monte ardido".
A responsable de Medio Rural, Ana Doval considera que “nun momento no que a crise e unha maior conciencia ambiental están a provocar un tímido retorno ao medio rural, o Goberno galego debe artellar medidas que respondan ás demandas actuais, en lugar de gobernar cun programa electoral de hai 8 anos que non ten solucións nin propostas de ningún tipo para problemas como a seca, a necesidade de maior superficie agraria para os gandeiros ante os retos da PAC, ou o millón de hectáreas abandonas de monte en Galicia”.
ENARBORAR O BOSQUE é unha actividade organizada por varios colectivos medioambientais e culturais co obxectivo de facer unha defensa do medio rural en Galicia, e en concreto na Terra de Montes. Este ano queren manifestar a oposición a unha posible mina a ceo aberto no concello de Beariz e parte de Forcarei, u proxecto no que está interesado unha multinacional canadiense, que está levando a cabo prospeccións nunha área de 3.690 hectáreas entre as parrquias de Rubillón e Presqueiras. Tamén denuncian a tala indiscriminada de especies protexidas por parte do concello de Cerdedo.