O PSOE anuncia que Fumega encabezará a delegación provincial do partido no 40 Congreso Federal dos socialistas
O PSdeG-PSOE de Ourense presentará unha candidatura unitaria de delegados e delegadas para o próximo 40 Congreso Federal do PSOE que se celebrará en Valencia para respaldar o procecto encabezado por Pedro Sánchez.
Esta lista de delegados e delegadas estará encabeza por Francisco Fumega, alcalde do Carballiño, e contará con representantes municipais e parlamentarios así coma con militantes de base, e nela integrarase tamén á exdeputada, Noela Blanco, quen finalmente acepta a invitacion feita pola dirección do partido e polo propio Fumega. A candidatura provincial representará ao conxunto do partido na provincia ourensá en base ao chamamento á integración e unidade feito polo secretario xeral, Gonzalo Caballero.
Desde o PSdeG-PSOE na provincia de Ourense destacan que esta candidatura de integración representará a vontade de todo o partido na provincia, co fin primordial de fortalecer un proxecto unánime en torno ao presidente do Goberno, Pedro Sánchez, construído desde os distintos concellos da provincia. No actual contexto, o PSdeG-PSOE de Ourense considera imprescindible acadar a máxima unidade para arroupar ao secretario xeral do PSOE, impulsando así a importante e necesaria axenda de progreso que Sánchez está desenvolver desde o Goberno central e que tanto precisa a provincia. "Un socialismo forte, unido e comprometido é a única alternativa para facer fronte á artificial confrontación e aos despropósitos sociais e económicos da dereita, a ultradereita e o caciquismo", conclúen.
Non obstante, dende o sector crítico coa dirección provincial do partido, e mesmo Noela Blanco, negan que o acordo estea pechado.