O PSOE castiga a Fumega coa expulsión do partido polo seu pacto de goberno co PP. O alcalde anuncia que presentará un recurso.

18, Febreiro 2025

A Executiva Nacional do PSOE deu a coñecer este martes a expulsión do partido do alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, polo pacto de goberno asinado co Partido Popular no concello do Carballiño.

O órgano de dirección do PSOE considerao responsable de "menoscabar a imaxe dos cargos públicos ou das institucións socialistas" asi como actuar "en contra dos acordos adoptados polos órganos de dirección do partido".

Fumega, que estaba suspendido cautelarmente de militancia no PSOE e alegara contra tal acordo, xa anuncia que agora volverá alegar contra esta expulsión acordada pola Executiva Nacional e presentará un recurso nos próximos 10 dias, como marcan os estatutos da organización para estes casos.