O PSOE de San Amaro acusa ao Alcalde Ernesto Pérez "de regalarlle á Xunta o parque castrexo de San Cibrao de Lás"
A Corporación Municipal de San Amaro, cos votos do Partido Popular, ven de aprobar a cesión indefinida á xunta de Galicia dos terreos municipais nos que se construíu o "Centro de Interpretación da Cultura Castrexa", o Alcalde Ernesto Pérez explicou este acordo "como necesario e para completar a tramitación que esixían os servizos xurídicos da Xunta para proceder xa a rematar todos os pasos precisos para proceder a apertura das instalacións".
Non o entenden asi os socialistas ao advertír que o Alcalde de San Amaro "presentouse ante o pleno co incríble propósito de regalarlle á Xunta de Galicia, e sen ningún tipo de contraprestación, o Parque Castrexo de San Cibrao das Lás, e recalcamos o feito de que a cámbeo de perder a nosa principal referencia cultural e histórica, asi como unha das potenciais fontes de ingresos dos que dispomos, San Amaro non vai recibir nada máis que seguramente unha palmada por parte dos seus xefes de Santiago", apuntan desde a Agrupación Local do PSOE de San Amaro.