O PSOE e o BNG de O Carballiño esixen a paralización inmediata das obras da pranta de compostaxe en Fontaíñas
O PSOE da comarca de O Carballiño esixe a paralización da execución da pranta de compostaxe que se está a construír na localidade de Fontaíñas, no concello de Cea, e solidarízanse cos veciños afectados por este proxecto. Os socialistas esixen, ademais, unha resposta por parte do alcalde de Cea, ao recoñecer nunhas declaracións que non tiña ningún coñecemento de que se estivesen realizando obras no lugar onde se ubicará a pranta. Sen embargo, xa hai dous meses que se está a traballar en ditas obras, e según o PSOE comarcal de O Carballiño, o concello de Cea deulle o visto bo a este proxecto o pasado mes de maio a sabendas de que afectaba directamente ós concellos de O Carballiño, Maside e Cea. Resulta sospeitoso, según o PSOE, que o "Proxecto de zona de maduración de compostaxe e nave de almacén", que é así como se denomina a pranta, fose redactado por unha concelleira do PP de Cea, a cal votou a favor da súa instalación en Fontaíñas. Todos estes interrogantes, según o PSOE, deberán ser explicados polo alcalde de Cea e polo Delegado Territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, o cal foi o principal opositor da construcción dun Parque Empresarial Medioambiental no Riberio, que non contemplaba nin residuos urbanos nin queimas, e agora aproba a tramitación dunha pranta de compostaxe. A agrupación comarcal do PSOE de O Carballiño considera que un proxecto destas caracteríastas non pode ser levado a diante desta maneira, xa que se trata dunha instalación que debe reunir unhas condicións medioambientais excepcionais debido a que afecta a moitas localidades, terreos e acuíferos lindantes, e por iso, esixen ao PP de O Carballiño e Maside que se manifesten en contra deste proxecto e axuden á súa paralización, como xa o están a facer os alcaldes de ambos municipios. Do mesmo xeito, o BNG presentaba esta mañá unha moción onde solicita ao Concello de Cea a inmediata e definitiva paralización tanto das obras como do transporte do lixo que está a converter a zona nun vertedoiro ilegal, así como tamén a intervención das autoridades tanto das Consellarías de Medio Ambiente como de Medio Rural e Sanidade para que elaboren as súas correspondentes avalización e informes ao tratarse dunha problemática que está por riba, según o BNG, das competencias municipais.