O PSOE pide ao alcalde unha batería de medidas para paliar os efectos da crise do coronavirus no municipio
O PSdeG-PSOE ven de presentar unha batería de medidas e iniciativas para levar a cabo no concello de Leiro por mor da crise ocasionada polo COVID-19. Con estas medidas, os socialistas amosan o seu apoio á veciñanza e tamén os sectores produtivos, autónomos e pequenas empresas ante unha crise sanitaria que está afectando a economía en todos os recunchos do país.
O voceiro socialista, Manuel Rodríguez, agarda que estas medidas “se poñan en marcha coa maior celeridade e urxencia posible para facilitar o día a día do municipio e paliar os efectos da pandemia”. Dende o PSdeG-PSOE de Leiro mantéñense á espera da duración desta situación tan excepcional e agardando que esta iniciativa sexa concluída canto antes para tal e como subliñan “coñecer de primeira man a situación individual de cada veciño e negocio ou empresa”.
Os socialistas tamén lle transmitiron o alcalde que os manteña informados dos casos e das medidas que se leven a cabo en Leiro con respecto o Covid-19, xa que consideran que “pór solución a situación en unha cousa de todos e todas e debemos estar máis unidos ca nunca ante unha pandemia que non fai distinción por cores” e amosan a súa disposición a “axudar no que faga falta ante a gravidade da situación”.
Medidas do PSdeG-PSOE para levar a cabo no concello de Leiro:
1.- Dotar dun número de teléfono a disposición dos cidadáns para atender necesidades sobrevidas a causa do illamento e que estea operativo as 24 horas do día, os sete días da semana e non só en horario de oficina para atender demanda de alimentos ou medicinas.
2.- Habilitar mecanismos para o control sanitario de todo o persoal municipal que faga tarefas de reparto por domicilio de persoas que o precisen e tamén o resto de persoal.
3.- Garantir un subministro suficiente de material sanitario a todo o persoal municipal, especialmente ás traballadoras do servizo de axuda do fogar, xa que debemos velar pola seguridade e saúde das auxiliares e dos veciños/as como colectivo excepcionalmente sensible o Coronavirus.
4.- Tamén, que se leve acabo por parte do Concello e coa a máxima urxencia fórmulas para eliminar o cobro de impostos e taxas a comercios, hostaleiros e veciños/as que estean vendo prexudicada a súa actividade profesional durante este período de estado de alarma. O tempo que estean sen ingresos, os pagamentos o Concello sexan suprimidos definitivamente.
5.- Implantación de outras consideracións que por parte dos técnicos municipais que non vaian contempladas nesta solicitude e poidan ser de interese/axuda para a veciñanza.
6.- Do mesmo xeito, que o cobro de recibos por parte do Concello como tamén da Mancomunidade do Ribeiro domiciliados de cargo en conta se retrasen o máximo posible ata unha data acordada por cada organismo. Véxase IBI, lixo IVTM...
7.- Solicitude dun fraccionamento do IBI, sen intereses ou facilidade de adíalo nun período de tempo acordado e solicitando previamente o interesado/a.
8.- Que se proceda a publicación dun bando informativo a toda veciñanza e poñendo en coñecemento ás autoridades e servizos sanitarios de calquera incidencia que podar xurdir.
9.- Publicar un bando informativo sobre a utilización dos colectores (verde, azul e amárelo) para a súa utilización axeitada e non deixar cartóns, vidro ou bolsas de lixo fora dos colectores, para así contribuír a levar unhas normas básicas de convivencia, decoro e limpeza ante o estado de alarma para a xestión da situación de crisis sanitaria ocasionada polo Covid-19.
10.- Levar acabo a desinfección preventiva do entorno dos supermercados, farmacia, centro de saúde, centro de día, residencia de xeriatría, entidade bancaria, Correos, Concello, chacinarías, bares, restaurantes, parques infantís, colectores de lixo e mobiliario público.
11. Crear unha LIÑA DE AXUDA desde o Concello para que tod@s autonomos, independentemente do sector. Sería a principal liña de axudas, autonomos,autoempregados de todos os sectores que xustifiquen paralización da sua actividade ou unha baixada xustificada na súa actividade. Esta liña de axuda ten que ir encamiñada para axudar os nosos veciños que tanto o necesitan neste momentos tan dificiles.
12.- Que se traballe desde o Concello de Leiro en salvar a brecha dixital, xa que ai alumnos sin acceso a internet nas suas vivendas e iso dificulta seguir as clases online en igualdad de condicions.