O PSOE sae en defensa de Dacal, despois das críticas de Espazo Común ao concelleiro "polo caciquil reparto de mascarillas"
Espazo Común acusou ao concelleiro socialista de protagonizar un reparto "caciquil e vergonzoso" de mascarillas de protección de forma discrecional sen ningún tipo de criterio sanitario e en base "á súa lista de amistades".
Consideraba como "moi grave" a actitude do concelleiro Manuel Dacal e mesmo pedía ao alcalde o "cese fulminante" do seu concelleiro.
Na sección "DENUNCIAS" desta mesma páxina Web podes ver íntegro o comunicado emitido por Espazo Común.
Pois ben, o PSOE cualifica as críticas de ESCO como "miserables" e defende a actuación do concelleiro socialista no reparto de mascarillas en base a unha lista do concello de persoas maiores de 80 anos ou que viven soas, afirman.
No arquivo adxunto podes acceder ao comunicado íntegro do PSOE do Carballiño.