O PSOE solicita ao alcalde que renuncie á paga de nadal e Marnotes asegura que xa "fixen o que tiña que facer"
Os socialistas piden ao rexedor municipal "que renucie aos seus emolumentos da paga extra do nadal e concorde asi con outros alcalde que xa fixeron pública a súa intención".
Manifestan desde a Agrupación Local do PSdG-PSOE que "a cantidade que lle afecta ao alcalde por esta decisión é de 2.330 eruos, como parte da prota de pagas extras anuais no Carballiño". Desta maneira, neste mes de decembro o alcalde cobraría o que lle corresponde por unha mensualidade normal "que serían 2.831 euros, ó que habería que engadir os 800 euros que cobra da Deputación en concepto de dietas e desprazamentos, polo que o seu salario estaría nos 3.200 euros", según as contas que botan os socialistas.
"Pensamos que esta reuncia estaría dacorde coa suposta política de austeridade do señor alcalde que il mesmo pregona nestes tempos de crise", remarcan desde a Agrupación Socialista.
O Alcalde, Argimiro Marnotes, amosabase sorprendido desta petición dos socialistas "porque xa fixen o que tiña que facer e non penso facer política con esto, solo podo decir que o destino ten que ser o mesmo da paga extra dos traballadores, o aforro do concello", manifestou.