O Pulpo do Carballiño obtén o máximo galardón do Instituto do Sabor e a Calidade

11, Agosto 2017

O alcalde do Carballiño, Francisco Fumega; os propietarios de Frigoríficos Arcos “A Pulpeira” e concelleiros participaron na Praza Maior nun acto de distinción a esta empresa carballiñesa pola obtención de tres estrelas de ouro do Instituto do Sabor e a Calidade (iTQi) na edición de 2017.

É o máximo galardón que concede este instituto, cuxo premio é otorgado por líderes de opinión, chefs e sommeliers con estrelas Michelín. Francisco Fumegad estacou a importancia deste premio e da iniciativa que supoñía un valor engadido á tradición pulpeira do Carballiño, aplicando unha técnica renovada en I+D+I e logrando unha gran repercusión nacional e internacional con este producto cocido ao vapor e envasado ao vacío. Loubou que a firma levase o nome do Carballiño polo mundo.

Daniel Atanes, en representación da familia propietaria da empresa, recordou a longa historia familiar como pulpeiros na antiga Casa Gazpara, e fixo mención ao elevado nivel dos membros do xurado, citando en concreto aos Maîtres Cuisiniers de France ou á Academy of Culinary Arts.

Tamén dixo que o pulpo cocido ao vapor e envasado ao vacío que comercializaban coa marca A Pulpeira era consumido plosresturantesmáis importantes de España e doutros países, e que se íacomezar a comercializar con outra marca pero ofrecendo información da procedencia da empresa e da tradición pulpeira do Carballiño.

Trala presentación efectuouse unha pequeaa degustación do produto aos carballiñeses e visitantes que estes días enchen a rúa do Paseo e a Praza Maior.