O Puzo do Lago acolle esta fin de semana, sábado e domingo, a Festa do Cabalo de Maside. Consulta aquí a programación.
A paraxe natural do Puzo do Lago volve ser o escenario para a celebración dunha nova edición da Festa do Cabalo de Maside, a gran festa do cabalo da nosa comarca, con diversas actividades que están programadas para esta fin de semana, sábado 19 e domingo 20.
O sábado, desde as catro a tarde terá lugar unha ruta técnica con premios para os mellores, e as 20:30 horas unha exhibición de de trote enganchado, xa finalmente ás 22:00 horas unha cea con animación musical. No dia grande da festa, o domingo, o programa iníciase coa medición dos cabalos ás 9:30 horas.
Seguidamente, comezará o concurso de andadura chapeada e serrada, trote e exhibición de cabalos de arrastre. Ao mediodia, xantar popular, e pola tarde unha xinkana, concursos de dandadura serrada e galope, e finalmente a partir das 19:00 horas a tradicional carreira de burros e a entrega de premios.
No programa especial dos venres de verán de COPE O Carballiño dedicado neste 18 de agosto ao concello de Maside podes escoitar a entrevista con Lano Botana e Enríque López, responsables de organización da 35 edición desta Festa do Cabalo de Maside.