O río Arenteiro desbórdase ao seu paso polo Carballiño e inunda o paseo fluvial e fincas próximas. Nalgunhas zonas da comarca recolléronse ata 140 L/m2 de choiva nas últimas 24 horas.
A gran cantidade de choiva que descargou nas últimas horas provocou o desbordamento do río Arenteiro nalgunhos tramos, mesmo ao seu paso polo Carballiño, inundando o paseo fluvial e varias fincas, e mesmo causando destrozos nalgunhos casos nos peches que delimitan este paseo do río Arenteiro, asi como das propias fincas. Tamén son importantes os danos da riada nas instalacións da Piscifactoria.e na terraza do Restaurante O Muiño das Lousas. Unha estampa impresionante que non se recorda dende o ano 2002.
Según a información recollida nos centros de recepción de datos de Meteogalicia, nalgunos puntos da comarca recollleronse ata 140 L/m2 nas últimas 24 horas, como na estación meteorolóxica da Serra do Faro, preto da parroquia de Oseira, onde precisamente nace o rio Arenteiro, asi como na zona de Piñor e San Cristovo de Cea onde nacen varios dos afluentes que recibe o rio Arenteiro no seu curso alto.
Na estación meteorolóxica uibicada en Amiudal, no concello de Avión, a cantidade de precipitacións acumuladas nas últimas 24 horas foi de 120 L/m2, mentres que no centro de recollida de datos sito no concello de Leiro, rexistráronse 90 L/m2. Datos que confirman que as ultimas horas foron as máis chuviosas en moitos anos nas comarcas do Carballiño e O Ribeiro.
Tamén o río Carrás desbordouse nalgunhas zonas nas últimas horas, e tamén o río Avia ao seu paso por Leiro presenta un imponente aspecto, inundando o parque do Salgueiral e desbordando a ponte das Poldras.