O Sergas convoca a 1.000 persoas do concello de Maside a un cribado masivo este xoves dia 18 en horario de tarde
O sergas ven de comunicar a organización dun cribado selectivo coa finalidade de detectar asintomáticos ao que van ser citadas 1000 persoas veciñas do concello de Maside, no rango de idade entre os 18 e os 74 anos.
Serán convocadas mediante mensaxe SMS ao teléfono móbil, no que se lle comunicará a hora á que deben acudir este xoves dia 18 de Marzo dende as 3 da tarde en adiante, ao pavillón de deportes de Maside, onde se practicarán as mostras nasais para as probas PCR. Dende o Sergas, e tamén dende o concello de Maside, piden a colaboración de toda a veciñanza que sexa convocada para que participe neste cribado selectivo. Maside ten, según os datos de hoxe, 11 contaxios activos.
No resto dos concellos, en Boborás os contaxios activos baixan a 8, dous menos que onte. Tamén resta un caso O Carballiño, que ten hoxe 6 contaxios activos. Cea continúa con 1, e con cero contaxios permanecen os demáis concellos da comarca.