O Sergas da "por superado" o brote de coronavirus detectado en Beariz no pasado mes de Xullo, que afectara a catro persoas
Sanidade considera "cerrado" o brote familiar importado de México orixiinado no concello de Beariz e que fora detectado o pasado dia 9 de Xullo.
Os resultados de todas as probas diagnósticas PCR de seguimento e posteriormente de confirmación que foron practicadas aos catro pacientes que formaban este brote, tres deles residentes no concello de Beariz, e un cuarto asociado a este brote residente noutro municipio, deron resultado negativo.
Desta maneira, o Sergas da "por superado o brote", polo que no ámbito intercomarcal O Carballiño-Ribeiro quedan activos os brotes do Carballiño (4 casos) e Avión (3 casos).