O Sergas realizará este próximo domingo 31 de Xaneiro un cribado masivo no Carballliño ao que convocará a 2.000 persoas
O Servizo Galego de Saúde convocará para este próximo domingo 31 de Xaneiro a 2.000 cidadáns do Carballiño para facer un cribado masivo ante o aumento de casos de covid-19 nos últimos días no municipio carballiñés . Será o primeiro cribado poboacional masivo no Carballiño con test de antíxenos, unha proba que ofrece resultados en 15 minutos. Este cribado selectivo faráse habilitando postos de toma no Pavillón de Deportes do Carballiño este domingo en horario de 9 a 14 horas, e de 15:15 a 20:15 horas.
Os cribados fanse en persoas asintomáticas, xente que non ten ningunha sospeita de que poida estar infectada co coronavirus e, por tanto, segue facendo vida normal; pero se ten o virus, pode contaxiar a outras persoas. Este cribado masivo no Carballliño será, pois, semellante os que se viñeron realizando durante este mes de Xaneiro noutras localidades tanto da provincia como do resto de Galicia. A proba rápida de antíxenos consiste en extraer unha mostra cun bastoncillo polo nariz, pero o resultado coñécese aos 15 minutos. O resultado será comunicado ao pouco tempo ao usuario.
Para esta nova acción o Sergas citará a 2.000 persoas residentes no municipio carballiñés que non se fixeron unha PCR nos dous últimos meses e que, ademais, estean dadas de alta no sistema de avisos, o que utiliza o Servizo Galego de Saúde para notificar as citas co médico a través de mensaxes de texto. A participación é voluntaria.