O servizo Noitebús comunicará ós máis novos cos lugares de lecer cada fin de semana

7, Xullo 2009

(Redacción. Belén González) Un verán máis o Noitebús marcará as fins de semana dos máis novos co obxectivo de reducir a siniestralidade nas vías.  Esta iniciativa da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras fixou o prezo deste servizo en 2 euros que inclúe ida e volta. Ademáis, o viaxeiro terá dereito a empregar sen límite de veces o autobús durante unha mesma xornada. Este servizo de Noitebús pasará polas principais localidades da comarca de O Carballiño.

            Cabe destacar que esta iniciativa púxose en marcha como experiencia piloto, pero grazas a súa boa acollida tivose que extender por toda a xeografía galega e tamén ampliarse temporalmente. As liñas que hai na nosa comarca son: Ourense-Carballiño con paradas en Santa Cruz, Barbantiño, Punxín, O Viñao, Listanco, Maside, Pousada, Dacón, Estación de trens e O Carballiño. Os horarios de saída son ás 23.00 h.,  a 01.30 h. da mañá e ás 03.30 h. da madrugada dende o Parque de San Lázaro. As horas de regreso dende O Carballiño son: 23.30 h. da noite, ás 02.00 h. e ás 04.00 h. da mañá que sairán dende a Estación de autobuses.

            Outra das liñas  é a que vai dende Monforte de Lemos- O Carballiño e que pasará por Chantada, A Barrela, Tolda, San Cristovo de Cea, Seoane e rematará no Carballiño. O autobús sairá ás 22.00 h. da noite dende Monforte e o de volta terá lugar ás 01.50 h. da madrugada. A terceira viaxe é a que une Barbantes-O Carballiño con paradas en Barbantes, Rubiás, Ourantes, Salamonde, Cruceiro, Señorín e O Carballiño. O autobús realizará a súa saída ás 00.45 h. da mañá e o seu regreso terá lugar ás 06.45 h. da madrugada. Tamén contarán co Noitebús a comarca do Ribeiro que partirá de Ribadavia parando en Leiro, San Clodio, San Amaro, Porto, Partovia, Torrón con remate no Carballiño. O autobús sairá ás 00.00 h. da noite e regresará ás 06.00 h. da mañá.

            O quinto percorrido levará camiño de As Laxas-O Carballiño con paradas en A Devesa, O Reino, Lousado e O Carballiño. O servizo sairá ás 00.00 h. da noite e voltará ás 06.00 h. da mañá. O traxecto que une Beariz co Carballiño sairá ás 23.00 h.  da noite e regresará ás 05.00 h. da mañá con paradas en Beariz, Magros, Feás, Brués, A Almuzara e O Carballiño. O último itinerario é o de Beariz-Forcarei que parará en Doade, Xirazga, Pardesoa, Loureiro, Forcarei e Soutelo de Montes. O autobús sairá ás 22.30 h.  da noite e regresará ás 05.00 h. da mañá dende Soutelo de Montes.

            Esta iniciativa extenderáse dende o presente mes de xullo ata xuño do 2010.