O sindicato CSI-F critica que o concello acuda á colaboración social co INEM para realizar traballos municipais
O sindicato pon de manifesto a súa inquietude por este sistema que utiliza o concello carballiñés para realizar traballos "que deberían cubrirse con persoal contratado eventualmente, por medio de listas de contratación que xa deberían estar confeccionadas".
O CSI-F cuestiona estes convenios de colaboración social co INEM, que non son "o máis xusto para os traballadores" e tampouco para aquelas persoas "que teñan aspiracións a traballar na administración".
Tamén aclara o sindicato que, en todo caso, o correcto é falar de incorporación de traballadores e non de contratación, como se fixo dende o concello.
Para ver o comunicado do CSI-F prema no arquivo adxunto: