O Sporting Carballiño presenta a súa proposta para a Escola de Fútbol
O anuncio por parte dos responsables municipais de separar a actividade semanal do que é a competición dos fines de semana abre unha nova etapa na Escola Municipal de Fútbol Arenteiro.
Neste contexto, o Sporting Carballiño, club de fútbol que milita na 3ª autonómica, traballa nunha proposta aos pais e nais de alumnos, que se presentará ó lúns dia 8 de Xullo ás 21 horas na Sala de Exposicións do Casino do Carballiño, na rúa Tomás Maria Mosquera.