O Stock de vivenda nova do Carballiño parece esgotarse: a usada acapara a práctica totalidade das vendas no municipio.
Son datos oficiais que publica e actualiza cada trimestre o Ministerio de Transportes, Movilidad y Agencia Urbana, e nos que podemos ver a evolución das transaccións inmobiliarias no municipio do Carballiño. Dos mesmos pódese concluir que O Carballiño está quedando sen vivenda nova e as que pode haber non están a venda.
Os datos oficiais son concluíntes, en todo o ano 2022 do total das 120 operacións de compra e venda de vivenda no concello do Carballiño tan so 8 foron vivendas novas. E se miramos ao primeiro semestre deste ano 2023 observamos que do total das 46 transaccións inmobiliarias contabilizadas, tan so 1 foi de vivenda nova.
Os últimos datos contrastan cos dos mellores anos en vendas de vivenda no municipio carballiñés no que levamos de século 21. O mellor ano, o de 2008, chegaron a realizarse en total 272 transaccións inmobiliarias, das que 210 foron de vivenda nova. No ano 2010 foran en total 246 as operacións de compra venda de vivenda, das que 203 eran vivendas novas.