O Tramo da N-541 entre Dacón e A Almuzara, o segundo máis perigoso da rede viaria estatal, según un informe do RACE. O Goberno non contempla investimentos na mellora da seguridade, moi deficiente.
O Real Automóvil Club de España -que analiza nun estudio máis de 25.000 kilómetros da rede viaria estatal- e que ten como finalidade identificar os tramos con maior risco de accidente grave ou mortal, considera que este tramo da estrada N-541 ao seu paso pola nosa comarca entre os puntos kilométricos 23,5 ao 33,6 entre Dacón e A Almuzara, é o segundo tramo máis perigoso de toda España.
Aínda así, os investimentos para mellorar a seguridade por parte do Estado son practicamente nulas nos últimos anos, e a pesar de rexistrar o segundo número máis alto de accidentes de tráfico, tendo zonas moi perigososas, como a curva do Cornubal, que mesmo podería entrar no libro guines dos record, con ata 4 accidentes de tráfico en menos de 24 horas, como fai unhos dias refirmaba nunha entrevista en COPE O Carballiño o xefe da Policia Local do Carballiño, Francisco Valeiras. Nesta mesma zona, o cruce de interseción coa estrada autonómica O Carballiño-Lalín carece de iluminación nocturna e non existe paso de peóns.
Asemade, tamén nesta mesma zona, o paso peonil do viaduto sobre o río Arenteiro non permite que poidan cruzarse dúas persoas, e tampo é apto para persoas con mobilidade reducida, xa que non permite o paso de cadeiras de rodas, tendo que facélo a través da calzada, con gran perigo que esto conleva, e nunha zona na temos hoxe dúas residencias de maiores, e tamén nas súas inmediacións o pavillón de deportes Paco Chao e as piscinas municipais. Ningún destes equipamentos existían, igual que as numerosas vivendas hoxe habitadas na contorna, cando fai 50 anos contruíuse esta estrada, que daquéla non tiña o carácter urbano que ten hoxe.
Outro punto conflictivo para o tráfico é o da Fontela, a altura aínda do concello de Maside, asi como o percorrido urbano pola vila do Carballiño, entre outros. O informe do RACE tamén recolle outros aspectos de risco potencial como o paso diario de transporte pesado neste tramo, fundamentalmente de torres eólicas.
O certo é que malia que a pesar das numerosas deficiencias que en materia de seguridade ten este tramo, o Ministerio de Tranportes, Mobilidade e Axenda Urbana, como antes o Ministerio de Fomento, apenas realizaron investimentos na mellora da seguridade. A finais do século pasado o Goberno e o concello do Carballiño anunciaran o proxecto de construcción da variante desta N-541 ao seu paso polo Carballiño, un proxecto que permanece no máis completo esquecemento.